martes, 1 de julio de 2014

INICIO DA FORMACIÓN SOBRE ACCESO Á SAÚDE DE PERSOAS INMIGRANTES


Neste mes de xullo, Médicos do Mundo Galicia dá inicio ás sesións formativas relativas ao programa Polo dereito á saúde das persoas inmigrantes. Estas sesións serán abertas a todas as persoas interesadas en asistir. As datas e horarios previstos son:

  • 14 de xullo (18 a 21h) Desmontando mitos e crenzas sobre a poboación inmigrante
  • 21 de xullo (18 a 21h) Inmigración e dereitos. Lei de Extranxeiría

Pendentes de concretar:

  • Acceso á saúde das persoas inmigrantes (tramitacións)
  • Dereitos Humanos e Dereito á saúde
  • Xénero e igualdade

As sesións terán lugar no Centro Sociocultural A Trisca (Corredoira das Fraguas, 92. Barrio de San Pedro. Santiago de Compostela). Ver enderezo aquí.




Ademais, nestas últimas semanas o grupo de persoas voluntarias do programa de inmigración ten participado nas seguintes actividades:


  • Participación no Encontro do Foro Galego de Inmigración, cuxa actividade podedes consultar na seguinte ligazón: http://forogi.wordpress.com/

O grupo de voluntarias do programa de inmigración reúnese o primeiro luns de cada mes. Se estás interesada en participar ou coñecer o traballo deste programa contacta connosco a través do correo-e: belen.torron@medicosdelmundo.org