Por: @naaahmean
Siria encóntrase nestes momentos nos obxectivos das cámaras dxs
xornalistas, o ano 2015 convertiuse no período dxs refuxiadxs, da crise
humanitaria que apareceu nos medios de comunicación tras a polémica fotografía
dun neno kurdo afogado nas costas de Lesbos, Aylan. A situación deste país leva
na espiral de violencia desde hai 40 anos reais e dous virtuais. Hafez al Asad
do partido Baaz chegou ao poder en 1970 por un golpe de estado e foi o executor
da masacre de Hama, coa tentativa de parar unha sublevación dos Irmáns
Musulmáns comezada no 1976. Durante todos estes anos as torturas, os secuestros
e os asasinatos estaban a orde do día, antes por al Asad pai, agora por al Asad
fillo, mesmo bigote, mesma represión.
O 15 de marzo do 2011, no contexto das primaveras árabes, tiveron
lugar as primeiras manifestacións en contra do réxime e a favor dos dereitos e
liberdades para o pobo. A pesar do derrocamento dos totalitarismos en Túnez,
Exipto e Libia, o baazaismo foi indestructíbel. Mais axiña empeora a situación,
en xullo de 2013 o campamento de Yarmouk cae baixo asedio e ao ano seguinte o
Daesh arrasa con cadáveres a cidade de Palmira.
Siria, que fai fronteira con Iraq -gobernado practicamente polo
Estado Islámico despois da ocupación e por tanto posíbel suministradora de
armas á resistencia-, foi duramente reprimida ante o temor dxs rebeldes. Unha
represión que segue até o día de hoxe pero que os medios de comunicación
desvinculan do conflito, no que consideran que a guerra continúa a ser a “loita
contra o terrorismo”. Non importa o contexto, xa non se fala do Imperio
Otomano, dos colonialismos, da grande estafa da Declaración de Balfour. Nin
sequera aparece na prensa xs nenxs de Daraa, os que iniciarion a revolta. Tan
só se mesturan estratexias xeopolíticas e bandos. Por un lado o bloque dos
supervivintes do “comunismo”: Irán, Rusia e China; e polo outro, os inimigos de
Bashar al Asad: Estados Unidos, Turquía, Francia, Gran Bretaña e Arabia Saudita
–que agora parece estar máis entretida co Iemen-. A súa importancia estratéxica
en oriente é o principal reclamo, porén, a cuestión rexional implica unha loita
de forzas entre sunitas e chiítas, un conflito entre totalitarismos orientais e
occidentais, milicias sirias e ISIS.
Actualmente o territorio sirio está blindado e os xornalistas e
medios tan só poden acceder aos campos de refuxiadxs, onde son numerosas as
denuncias ante a situación de supervivencia neles e a insultante resposta de
occidente para acoller ás persoas que confirman o fracaso da Unión Europea como
proxecto político. Esta actitude reflíctese no envío das tropas francesas á
cidade de Raqqa tras os atentados de París o pasado 13 de novembro -que
semellan as do 11S e a posterior acción democrática do goberno de Bush nas invasións
de Afganistán e Iraq-. Amnistía Internacional e outras organizacións defensoras
dos dereitos humanos anunciaron en informes recentes da permanente existencia
de civís nas zonas dos ataques, danos colaterais.
Os gobernos sirio, ruso e iraní non contemplan culminar cun alto
ao fogo, o seu empeño por acabar coa oposición é superior. Mentres, Occidente e
a ONU non parecen estar moi dispostos na procura do cese desta escalada de
violencia. Non obstante parecen estar preocupados polo terrorismo islámico a
través de pactos que recortan máis aínda as liberdades, sen contar que a guerra
en Siria –non o ISIS- é a responsábel do 90% das mortes e dos desprazamentos.
Cal é o camiño cara o fin deste xenocidio a longo prazo? A
resolución do conflito sirio e o desarme, semellan utopías nas páxinas dos
xornais, tanto que xa esquecen mencionar o factor de paz, como se a poboación
siria estivese condeada á violencia endémica. Pero non sempre foi así, as
pintadas nas paredes dxs nenxs de Daraa: “o pobo quere derrocar ao réxime”, e
as manifestacións que sairon da mesquita dos Omeyas o 15 de
marzo, revelan que houbo un tempo no que a xente saiu á rúa para
reclamar algo tan cercano a nós como: unha vida digna. Logo veu o resto.
Ante gobernos déspotas, outros que se benefician da privatización
das guerras e outros que se reafirman na súa incapacidade para manter a
seguridade e na súa capacidade para alimentar a tiranía, cal debe ser a
resposta da sociedade -que pensa non ter nada que ver-, que desterra as imaxes
da súa mente despois dese minuto e medio –cada vez menos- que lle dedican as
canles de televisión en prime time? Debemos ter coidado coa nosa indiferenza,
xa que fomenta a complicidade coa nefasta política da comunidade internacional,
que pensa que por ter un Consello de Seguridade xa non queda nada por esixir.
Talvez, visto a utilidade deste órgano que tan só se traduce na asociación de
seguridade co crecente aumento en defensa, pode que o seguinte paso sexa a súa
disolución ou mesmo a creación dun Consello de Paz, quen sabe. Estase a
patentar a necesidade de (re)educar aos nosos gobernos e aos nosos medios de
comunicación nos valores do pacifismo dos 60, aquel que loitara contra as
probas de armas químicas, que conseguiu a gran vitoria de Vietnam – aínda que
fose vengada e violada posteriormente no Golfo-. A historia demostrou que en
ocasións a búsqueda dun equilibrio de reconciliación entre as forzas
enfrentadas pasa pola vía do diálogo. Non sei, pero polo menos, mentras falan
non disparan.
Selena
Pizarro